Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes apraza ao domingo a procesión marítima pola previsión de mal tempo

RR_Noticias

A procesión manterá o seu horario malia que no lugar de celebrarse na xornada do sábado trasládase ao domingo día 20. A hora de embarque está prevista para as dez da mañá. A comisión de festas estima que volverá ser unha procesión multitudinaria e na que participen numerosos barcos da confraría. Durante o percorrido haberá unha ofrenda floral en lembranza do falecidos no mar e ao regreso farase tamén un acto na Capela da Punta ante a Virxe do Carme instalada esta semana no lugar.

Un cambio que obriga tamén a modificar outras actividades enmarcadas no programa de festas como a procesión terrestre prevista para esa xornada e que se traslada ao festivo do día 25 con saída ás 18 horas.
Sí se manteñen na mesma data as actividades festiva con verbena esta mesma noite amenizada pola orquestra Pontevedra. Unha xornada nocturna que quere tamén atraer aos máis novos con propostas diferentes, motivo polo que a comisión organiza tamén un concerto con agrupación locais no que actuarán os grupos Cháleco Rreflectante, Retro Blues e Síndrome del Norte.
O sábado pola noite a verbena arrancará ás 22:30 horas amenizada polas orquestras Sintonía de Vigo e Foliada.
O domingo, e logo dos cambios no programa, lembramos que haberá procesión marítima ás dez da mañá e actuacións musicais a partir das dez e media co grupo A Roda e a orquestra Televisión.
E xa o venres 25 terá lugar a procesión terrestre acompañada polo grupo de gaitas Amargura de Ferrol ás seis da tarde para a continuación celebrar unha misa cantada pola Coral Pedrablanca do CCD de Cesantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará