Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia a falta de control na fontes públicas

RR_Noticias

Os nacionalistas aseguran que dende hai tres anos non se estar a analizar as augas das fontes públicas do concello, un feito que entenden supón “unha irresponsabilidade por parte do goberno local, ao estarmos a falar da auga que están a consumir moitos veciños”, segundo afirma o concelleiro Xoán Carlos González.

Engade o edil que “xa hai dous anos que o BNG lle advertíu ao goberno de Javier Bas, que debía ser rigoroso no control da salubridade das augas, posto que se pón en risco a saúde pública”. A resposta do goberno municipal a esa advertencia foi a de acusar ao BNG de pretender “fomentar o alarmismo, insinuando que o único que se pretendía era crear unha falsa preocupación entre os veciños e veciñas”.
Concurso público no verán
Critican tamén que nestes días o goberno local convidara a varias empresas a presentar propostas para asumir a análise periódica das fontes públicas do concello cun orzamento de 14.000€, unha iniciativa que non se resolverá ata finais de xullo o que fará que as augas segan sen controlarse tamén nestes meses de verán “cando é xusto nesta época na que cambia a composición química das augas cando o seguemento debería ser máis rigoroso”.
Para o concelleiro nacionalista constitúe un feito sen precedentes que o goberno municipal obviara as súas responsabilidades nun tema tan delicado como a saúde pública.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará