Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Iniciativa pola Memoria critica o uso que se fai de San Simón na véspera da Homenaxe ás vítimas

RR_Noticias

Xa non hai prazas para participar da Homenaxe ás vítimas do franquismo que se vai celebrar o vindeiro domingo día 20 en San Simón. Este ano contarase coa presenza do escritor e xornalista Manolo Rivas quen será o encargado de achegar aos presentes as conclusións que se recollen nun informe da ONU respecto do trato que o Estado Español lles está a dar ás vítimas da Guerra Civil e o franquismo .

O relator para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición da ONU, Pablo de Greiff recolle nas conclusión preliminares de dito informe, elaborado logo de visitar España, que sería necesario incrementar os recursos que se destinas ás vítimas do franquismo e que o Estado deixe sen efecto a lei de amnistía do 1977 para que os crímenes poidan ser investigados. Outras das cuestións que se recolle nese informe fai referencia á simboloxía franquista que se mantén en numerosos edificios e no propio rueiro de moitas vilas e cidades “algo impensable en Alemania ou Italia con Hitler ou Mussolini” tal e como explicaba dende a Iniciativa Galega pola memoria histórica Rubén Afonso Lobato O encargado de ler as conclusións do informe da ONU será Manolo Rivas pero haberá tamén participación dos propios organizadores que se encargarán de lembrar o que aconteceu na illa durante os anos nos que foi un penal. Lamentas que dende a Xunta non se estea a potenciar San Simón como un espazo dedicado á memoria dos que sufriron a represión franquista.  

Rubén Afonso Lobato Iniciativa pola Memoria
Este ano o acto centrarase no informe da ONU elaorado por Pablo de Greiff
Usos da Illa
Reclaman que sexa un espazo dedicado á memoria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará