Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes renovará a súa devoción coa tradicional procesión marítima pola enseada

RR_Noticias

A hora de embarque está prevista para as dez da mañá, un horario marcado pola marea. A comisión de festas estima que volverá ser unha procesión multitudinaria e na que participen numerosos barcos da confraría. Durante o percorrido haberá unha ofrenda floral en lembranza do falecidos no mar e ao regreso farase tamén un acto na Capela da Punta ante a Virxe do Carme instalada esta semana no lugar.

Este é o acto central dunhas festas que arrancan na noite do venres con verbena amenizada pola orquestra Pontevedra. Unha xornada nocturna que quere tamén atraer aos mais novos con propostas diferentes, motivo polo que a comisión organiza tamén un concerto con agrupación locais no que actuarán os grupos Cháleo Reflectante, Retro Blues e Síndrome del Norte. O día grande será o sábado coa procesión marítima e xa pola noite a verbena que arrancará ás 22:30 horas e que estará amenizada polas orquestras Sintonía de Vigo e Foliada. O domingo as actividades relixiosas contará con procesión terrestre acompañada polo grupo de gaitas Amargura de Ferrol ás seis da tarde para a continuación celebrar unha misa cantada pola Coral Pedrablanca do CCD de Cesantes. Unha xornada que rematará coa actuación do grupo A Rosa e a orquestra Televisión.  

Procesión marítima
O embarque está previsto para as dez da mañá
A Roda
Ademais das tradicionais orquestras haberá música pop e rock e música tradicional con A Roda

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará