Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde convoca un certame infantil e xuvenil de curtametraxes

RR_Noticias

O Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde completa a súa oferta co I torneo de Fútbol 3 que se vai celebrar entre o 1 e o 10 de agosto e unha nova edición da Feira de Cousas da Horta e da Casa que terá lugar o sábado 19 de xullo. Quen estea interesado nalgunha destas actividades deberá pórse en contacto coa organización antes no teléfono 670 25 25 51 ou no enderezo chandaspipas@gmail.com

As persoas interesadas en participar na Feira que se celebra este sábado o único que teñen que facer e levar o seu excedente agrícola ou obxectos que teñan na casa en bo estado e que non usen. A feira arrancará ás 16:00 horas na carballeira do Centro Cultural Chan das Pipas e contará coa actuación do grupo de baile moderno Pasiño de Cabeiro a partir das seis da tarde.
Como novidades a directiva do centro cultural convoca o I certame infantil e xuvenil de curtametraxes en vídeo, no que poden participar mozos de entre 14 e 25 anos de idade. Haberá premios para os mellores traballos e o mellor guión. Os interesados en participar deberán presentar os seus traballos como data límite o 16 de setembro.
Está aberto tamén o prazo de inscrición no I Torneo de fútbol 3que se vai desenvolver entre o 1 e o 10 de agosto para categorías a partir de 7 anos con premios en material deportivo aos tres primeiros de cada categoría. As bases poden recollerse no Centro Cultural e as inscricións deben formalizarse antes do 29 de xullo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará