Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe as vítimas do Bahía e inauguración da escultura da Virxe do Carme en Cesantes

RR_Noticias

A festas do Carme de Cesantes que se celebran os días 18, 19 e 20 de xullo teñen este ano un preámbulo na xornada de hoxe na que se renderá unha homenaxe en lembranza das vítimas do naufraxio do Bahía, que hai dez anos se afundía fronte ás Illas Sisargas. Celebrarase tamén esta tarde un pequeno acto inaugural da escultura da Virxe do Carme que onte era colocada polos canteiros da Deputación mirando cara o mar na parte traseira da Capela da Virxe na praia da Punta.

A iniciativa partiu da Comisión de festas da parroquia quen entendía que o máis axeitado sería contar no lugar cunha imaxe que mirara cara o mar. Logo de comprobar que polo seu elevado custe non podían asumir o proxecto, puxéronse en contacto doa Deputación que, a través da súa Escola de Canteiros, ofreceuse a realizar a escultura. A peza, realizada en granito silvestre, rende homenaxe ás xentes do mar e será inaugurada hoxe festividade da patroa mariñeira ás 20:00 horas. Unha escultura de grandes dimensións con 2,70 metros de alto, 1,20 metros de ancho e 0,70 metros de fondo que contou para a súa realización cunha subvención da Deputación de Pontevedra a favor do Concello de Redondela e da comisión de festas para que sexa un símbolo permanente das súas festas tradicionais e un reclamo e atractivo turístico e social para os visitantes do termo municipal. Dende a Comisión aseguran que na xornada de onte todas as críticas foron favorables á nova imaxe “a xente está contente e o único temor é que, ao non estar protexida a algún vándalo se lle ocorra atentar contra ela” A escultura de granito forma parte agora dun conxunto escultórico coa Virxe do Carme de madeira que xa existe na Praia. Un muro de granito instalado entre ambas imaxes actúa de elemento separador das dúas pezas escultóricas.  

Vicky Freire presidenta Comisión de festas
Fálanos dos actos de hoxe mércores día do Carme
Imaxe da Virxe do Carme
A inciativa partiu da Comisión pero foi finalmente a Deputación quen asumiu o seu custe
Loli Otero Secretaria da Comisión
Temor aos vándalos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará