Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fernando Sampil reúnese cos empresarios de Chapela para definir un plan para a parroquia

RR_Noticias

O presidente da Asociación de empresarios convida tanto a socios como non socios a asistir á reunión que terá lugar o xoves ás 17:00 horas no Multiusos de Chapela e na que estarán presentes tamén o concelleiro Miguel Angel Álvarez Ballesteros en representación do goberno local.

Esta é a primeira toma de contacto do recentemente elixido novo presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Fernando Sampil, con empresarios desta parroquia que presenta características propias e que segundo explica “sen dúbida ten un peso específico moi importante no concello e unha singularidade propia que polo que precisa da definición de accións especificas”.
Para definir unha estratexia apropiada para Chapela quere contarse coa participación do maior número posible de empresas tanto do sector comercial, hostaleiro e de servizos, en xeral, como do sector industrial polo que animan a achegarse á xuntanza tanto a socios como non socios do colectivo empresarial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará