Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden o cese do tenente de alcalde de Pazos, Severino Reguera pola súa imputación por suborno

RR_Noticias

Os concelleiros nacionalistas desta localidade entenden que “por hixiene democrática” o concelleiro popular debe renunciar aos seus cargos de 1º Tenente de alcalde e membro da Xunta de Goberno de Pazos. Reclaman que o edil dea explicacións sobre a investigación xudicial á que está sometido xunto co presidente da deputación Rafael Louzán, por un suposto delito de suborno continuado.

O xulgado de Cambados está a investigar ao Primeiro Tenente-Alcalde de Pazos de Borbén, Severino Reguera, xunto ao presidente da Deputación Rafael Louzán. Impútaselle un delito de suborno continuado.
Malia a investigación ser en relación aos seus negocios privados, ambos os dous son cargos públicos e ambos os dous manteñen relacións políticas, ademais das comerciais. Entenden os concelleiros nacionalistas de Pazos que “por hixiene democrática, non debemos permitir que ocupe cargos públicos quen falte á lei ou á ética. Ademais, nunha democracia que se considere verdadeiramente tal os cargos públicos débense á cidadanía, a ante ela deben render contas”.
Por todos estes motivos, veñen de solicitar a comparecencia en Pleno do 1º Tenente Alcalde Severino Reguera, para dar explicacións sobre a investigación xudicial á que está sometido e solicitan que, en tanto non se aclare nos xulgados a inocencia ou culpabilidade dos delitos que se lle imputan, cese dos seu cargos de 1º Tenente-Alcalde e de membro da Xunta de Goberno.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará