Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, espectáculos infantís e deporte na programación estival de Soutomaior

RR_Noticias

Destacan as actuacións de “La Década Prodigiosa”, as concentracións moteiras e de “Seat 600” ademais do espectáculo de Os Bolechas no Peirao de Arcade. “Unha axenda de actividades de diverso contido e dirixida a todos os públicos” segundo explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera. A programación conta cun total de 23 eventos entre os que se atopan a mostra de “Artistas da Bisbarra” que se exporá durante todo o mes de agosto no Castelo de Soutomaior.

A primeira das actividades será este sábado 12 ás 19:30 horas no Peirao de Arcade onde se celebrará un Festival Solidario a cargo del Centro Deportivo e de Danza Artmadance. Ao día seguinte na Alameda Talo Río ás 21:00 horas haberá teatro co espectáculo “Casal em risco” da Compañía Asacocirco.
Na fin de semana do 19 será a quenda de “Os Bolechas”, un espectáculo dinámico que xira en torno ao universo creado por Pepe Carreiro e no que se mesturan aventuras e cancións a través dos personaxes da serie nunha fusion de monicreques e teatro convencional. Ademais todos os nenos que asistan recibirán como agasallo o libro infantil con historias e debuxos para colorear, Os Bolechas en Soutomaior.
Ao dái seguinte, o domingo 20 ás 11:30 terá lugar a clásica Festa da Bicicleta.
Na última fin de semana de xullo, o venres día 25 ás 21:00 horas celebrarase a tradicional procesión do día de Santiago Apóstolo dende o Peirao de Arcade. Xa o sábado a localidade vivirá a celebración da súa festa temática inspirada nos Anos 80 no Peirao de Arcade a partir das 19:00 horas con actividades para todos os públicos e coa actuación da mítica banda “La década prodigiosa”.
O domingo 27 celebrarase a primeira edición da Carreira Popular da Ostra e pola tarde ás 20:00 horas, na Alameda Talo Río de Arcade celebrarase o Festival de Clausura da Escola de Música de Arcade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará