Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Radio Municipal agasalla aos seus oíntes con entradas para o espectáculo de Teresa Rabal

RR_Noticias

“Veo, veo el musical” preséntase este venres ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira. Un espectáculo con cancións de toda a vida, xogos e bonecos xigantes cuxas entradas custan 12 euros para o público adulto e10 euros os nenos. Tamén poden facerse cunha entrada de balde a través da Radio Municipal de Redondela.

Un musical destinado a nenos a partir de 4 anos e recomendado para os de corenta, no que os espectadores poderán ver á popular actriz Teresa Rabal acompañada no escenario de bailaríns, grandes animais de peluche e como non escoitar a súa cancións de sempre.
As persoas que queiran facerse cunha entrada de balde poden chamar á Radio Municipal (986 408139) en horario de mañá ou ben enviar un mail ao enderezo radioredondela@hotmail.com dando o título dalgunha das coñecidas cancións de Teresa Rabal. As entradas repartiranse por rigoroso orde de participación. Os concursantes deberán facilitar un nome e DNI. A data límite para participar é o venres ás 15:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará