Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón e a enseada, un espazo por descubrir

RR_Noticias

Os atractivos turísticos da enseada e as Illas de San Simón e San Antón son moitos e variados e nada mellor que descubrilos cunha guía experimentada como é Sonia Domínguez. Un ano máis volverá poñerse ao servizo dos usuarios da empresa Cruceros Angel, encargada de xestionar as visitas guiadas á Illa dende Redondela e que retoma esta fin de semana a súa actividade, para darlles a coñecer a historia dun espazo marcado polo seu pasado.

Unha visitas que, dependendo das mareas, partirán dende o peirao de Cesantes ou dende San Adrián de Cobres con dúas saídas ao día os sábados e domingos ás 12:00 e ás 16:30 horas. En total dúas horas de percorrido na que os usuarios van coñecendo a historia da batalla Naval de Rande ou o seu pasado industrial sen esquecer a súa importante riqueza natural. E como punto culminante a chegada e visita guiada pola illa que, segundo explica a guía deste percorrido turístico, Sonia Domínguez, “sempre sorprende aos visitantes polos edificios e espazos emblemáticos que agocha, como o paseo dos buxos”. Visitantes chegados de diferentes puntos da península pero tamén do outro lado do Atlántico que se interesan por San Simón porque coñecen parte da súa historia como Lazareto ou como prisión no franquismo e que non deixan de sorprenderse cando se atopan coas bateas, descoñecedores dese sistema de explotación. A empresa Cruceros Angel é a encargada de xestionar estas visitas que se van desenvolver na fin de semana e que teñen un prezo de 9 euros para o público adulto e 5 euros os nenos, con viaxes de balde para os menores de 4 anos. Os colectivos e asociacións sen ánimo de lucro do municipio poderán gozar tamén desta actividades de xeito gratuíto os venres e previa solicitude ao Concello. As reservas pódense realizar nos 620864052 o 986401713, no correo electrónico info@crucerosangel.com ou a través da web do Concello (www.redondela.es) o una oficina de turismo de Redondela.  

Sonia Domínguez guía turística
Unha travesía con parada na Illa
Un espazo maior do esperado
As dimensións da Illa ou as bateas sorprenden aos visitantes
Riqueza natural
A fauna da enseada é un atractivo a maiores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará