Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xuño dá un respiro aos redondeláns en paro

RR_Noticias

En total foron 98 os que se borraron das listas do antigo INEM no que supón o maior descenso dos últimos oito meses. Con todo, seguen a ser 2.753 as persoas do noso concello que continúan anotadas como solicitantes de emprego. Na bisbarra o paro caeu tamén en Pazos de Borbén, lixeiramente en Soutomaior e sufriu un pequeno repunte en Fornelos de Montes.

As estatísticas da Consellería de traballo confirman que no pasado mes, do mesmo xeito que en toda Galicia, se produciu unha diminución no número de persoas en paro. Concretamente foron 98 as que se borraron dos servizos públicos de emprego sendo agora mesmo 2.753 as persoas que se atopan nesta difícil situación. Habería que remontarse a setembro do pasado ano para atopar un dato que mellore o actual en canto a cifras absolutas.
No resto da bisbarra, diminuíu tamén o número de desempregados inscritos en Soutomaior aínda que neste caso o descenso foi mínimo, en tan só 6 persoas situándose agora en 836 o número de desempregados.
Mellor datos nos deixa o Concello de Pazos que con 415 desempregados borra das súas listas a un total de 24 veciños.
O único comportamento negativo atopámolo en Fornelos, concello no que o inicio do verán deixa 7 parados máis, cun total de 211 persoas desempregadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará