Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación en Chapela contra a ampliación da AP-9 e o incremento das afeccións na parroquia

RR_Noticias

Os veciños de Chapela acordaron na Asemblea celebrada o pasado venres no Multiusos do Piñeiral retomar as mobilizacións en contra dunhas obras que van supoñer máis expropiacións das anunciadas nun primeiro momento. Alertan de que incluso “as propiedades afectadas poderían incrementarse unha vez se fagan as medicións no terreo” e critican a “falta de información de Fomento que se nega a reunirse coa Plataforma”.

A mobilización terá lugar o venres 11 ás 20:30 horas con saída dende o Torreiro da Igrexa ata a rotonda de acceso á autoestrada, lugar no que se dará a volta para regresar ao punto de partida. A manifestación é convocada logo de que así o demandasen os veciños reunidos en Asemblea por entender que é necesario volver sair a rúa para amosar o seu rexeitamento a unha obra que non vai mellorar o tráfico e que pola contra vai provocar moitas afeccións nunha parroquia xa moi castigada polas infraestruturas. Dende a Plataforma critican ademais a falta de información por parte do Ministerio “que segue sen confirmar cantas e cales son as propiedades afectadas”. Segundo explica o presidente do colectivo, Rafael Baltasar, o número de afectados poderían incrementarse no futuro xa que nos propios mapas que lles achegaron especifícase que “aínda quedan por facer as medicións no terreo que poderían provocar cambios nas estimacións actuais”. Lembra que “do mesmo xeito que no 2010 falaban dunha única casa expropiada e agora confirman 8, moito nos tememos que na documentación definitiva sexan máis”. Precisamente esa “desinformación” é o que a día de hoxe máis está a “cabrear” aos veciños. O colectivo convida a todos os cidadáns a que se sumen a esta protesta así como aos partidos políticos.  

Rafael Baltasar Presidente Asociación AP-9
Critican a falta de información e alertan de que poden ser máis os afectados
Manifestación día 11
Explica o percorrido da protesta
Participación
Convidan a todos os veciños e formacións políticas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará