Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman o asfaltado da rúa dos Eidos

RR_Noticias

O grupo municipal socialista denuncia que a rúa continúe sen se asfaltar un mes despois de que se fixeran unhas obras de mantemento no lugar. O firme presenta unha franxa de terra de máis dun metro de anchura e uns trinta de longo o que provocou as queixas de varios veciños.

O PSdeG-PSOE de Redondela entende que xa pasou tempo suficiente -máis dun mes- para que se acometa o asfaltado da zona da rúa dos Eidos na que se realizaron obras e que permanece con terra nun dos laterais “nunha franxa de terra de máis dun metro de anchura e uns trinta de longo”.
A rúa dos Eidos é unha das máis transitadas, tanto por coches como por peóns, e non existe explicación para que a franxa de terra non se cubra con asfalto, como se fai de forma habitual” segundo explica o voceiros socialistas Eduardo Reguera quen engade que “tras máis dun mes non existen escusas que impidan o asfaltado deste treito de camiños. Se hai medo a que repise, este perigo xa pasou e máis tendo en conta o que choveu nas últimas semanas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará