Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O toledano Alberto Pérez gaña a III edición da batalla de Rande a nado

RR_Noticias

III edición da travesía a nado entre as Illas Cíes e a Illa de San Simón con vitoria absoluta para o nadador do club Náutico de Torrijos (Toledo) quen cruzou a meta en solitario con 20 minutos de vantaxe respecto dos seus inmediatos perseguidores. Seis horas, 34 minutos e 18 segundos foi o tempo que necesitou este nadador para superar os  27 quilómetros do percorrido. En total participaron 30 nadadores, entre eles tan só dúas mulleres.

O tempo non acompañou, xa que o vento e a choiva do sábado non facilitaron as cousas aos 30 nadadores que iniciaron a travesía. De feito, non todos lograron rematar o percorrido que xa de por si presenta diversas complicacións polas correntes existentes na ría. Alberto Pérez, que chegou a San Simón en solitario, fíxoo 20 minutos antes que os seus perseguidores o campión paralímpico Enrique Floriano e Santiago Ferrada. As dúas únicas mulleres que participaron na proba, Margarita Ávila e Noemí Oliveira, entraron na sexta e sétima posición respectivamente.
Polo de agora e logo de tres edicións segue imbatible o redondelán David Blanco, gañador da primeira edición que lograra facer o percorrido en tan só 5 horas e 41 minutos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará