Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un comité de expertos asesorará a contratación da empresa que redactará o PXOM

RR_Noticias

Os votos a favor de PP e AER permitiron aprobar onte o nomeamento deste equipo técnico independente que será o encargado de asesorar o contrato para a redacción do novo Plan Xeral. BNG e PSOE abstivéronse de facer ningunha proposta por “desconfiar do uso insidioso que o alcalde podería facer de ditas propostas”.

O equipo independente e que se encargará de asesorar a contratación da empresa para a redacción dun novo PXOM para Redondela estará formado polo arquitecto técnico do Concello, Juan Manuel Estevez Lamas, o arquitecto urbanista Manuel Borobio Sanchiz, o doctor arquitecto e profesor de Urbanismo de Universidade de A Coruña, Enrique Seoane e a licenciada en Dereito e técnica de Urbanismo, Paloma Meno. A selección deste equipo de expertos non contou con ningunha proposta de PSOE ou BNG, uns grupos que se negaron a colaborar neste proceso porque segundo explicaba a nacionalista Cecilia Pérez Orge “logo do que aconteceu no último pleno cando o alcalde verteu dúbidas sobre estas propostas non confiamos no uso que Javier Bas poida facer das mesmas”. Por este motivo acusaba ao rexedor local de rachar o consenso neste asunto. No mesmo sentido se manifestaba Luís Orge, quen lembraba a polémica xerada cando “o alcalde fixo insinuacións insidiosas dando a entender que eu quería recomendar a alguén para o contrato do PXOM cando lle dixen que coñecía unha arquitecta moi boa para o comité”.  Por este motivo criticaba “a catadura moral deste goberno” e rexeitaba facer calquera proposta para conformar este equipo técnico. Javier Bas insistía en que “nada teño que rectificar” e aseguraba que todo se debeu a unha interpretación errada das súas manifestacións.  

Arturo González PP
Exlica quen formará parte do Comité de expertos
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas aseguran non fiarse do uso que se poida facer das súas propostas
Luis Orge PSOE
Lembraba o acontecido no último pleno
Javier Bas alcalde
O rexedor local aseguraba que todo se debeu a unha errónea inerpretación das súas palabras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará