Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro no Meirande

RR_Noticias

A programación das Letras Galegas 2014, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Cultura, terá este domingo 6 de xullo o seu broche de ouro no Museo Meirande. Unha actividade de balde o domingo ás 20:30 horas.

“Un paso (sempre) adiante” é o título do espectáculo que ofrecerán dous dos músicos máis importantes da escena galega: Héctor Lorenzo (guitarra e voz) e Santi Cribeiro (acordeón), en colaboración coa editorial Galaxia. A súa proposta artística tradúcese nun espectáculo musical que utiliza as voces máis senlleiras da poesía galega, e que nos vai permitir facer unha viaxe musical polo mellor da poesía de autores como Manuel Antonio, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro ou Xosé Mª Díaz Castro, a quen este ano se lle dedican as Letras Galegas 2014. Precisamente do poema “Penélope” de Díaz Castro, é de onde collen o verso que dá título ao espectáculo, que é tamén unha metáfora dun xeito de entender Galicia, sempre cara adiante. O concerto celebrarase o vindeiro domingo, 6 de xullo, ás 20.30 h, no Museo Meirande. A entrada é de balde.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Fálanos do concerto do domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará