Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde celebra a VII edición da Festa do Viño da Casa

RR_Noticias

Un total de catro productores da bisbarra ofrecerán os seus viños no marco dunha festa que se celebra no Chan das Pipas en Saxamonde e na que haberá música, concursos grastronómico e a III edición dos xogos agro-olímpicos.

Arrebolamento de legón, circuíto de carretilla ou transporte de sacos de patacas son algunhs das modalidades desenvolvidas nas agro-olimpiads celebradas nas edicións anteriores, pero este ano os organizadores anuncian novidades dentro duns xogos abertos a grandes e cativos. Esta é tan so unha das actividades paralelas das que poderán gozar os que se acheguen este sábado e domingo ao Centro Cultural Chan das Pipas en Saxamonde, onde terá lugar unha nova edición da festas do viño da casa. A música e o baile tamén estará presente coas actuacións do grupo de baile Anaquiños de Chapela e o de gaitas Tirapuxa de Trasmaño. Un recital da cantautora Sheila Patricia e unha sesión Dj pecharán a xornada do sábado. A festa continuará o domingo cun concerto da banda de música de Chapela a unha do mediodía e o concurso no que participarán todas aquelas persoas que presenten algunha receita na que o viño sexa un ingrediente fundamental.  

Diego Monteagudo asociación Chan das Pipas
Fálanos do programa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará