Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro grupos participan no festival Arde Rande

RR_Noticias

Papá, Evil Empire, Wach Mckánijan e Chío son as catro propostas que nos deixa este festival que celebra o venres ás 22:00 horas baixo a Ponte de Rande a súa oitava edición. Entrada de balde para unha cita musical que organiza a Asociación Deportiva e Cultural de Rande.

Os organizadores estiman que serán máis de 500 persoas as que se acheguen este venres a un festival que contará con carpa en previsión de que as condicións meteorolóxicas non acompañen. Os estilos que se poderán escoitar sobre o escenario serán variados con country da man do moañés Wach Mckánijan e rock con Chío, tamén actuará o grupo vigués Evil Empire e o cabeza de cartel, o barcelonés Papá, un artista polifacético con material en inglés e castelán e influencias moi diversas. O concerto terá lugar as 22:00 horas baixo unha carpa na que haberá tamén unha bisbarra con bebida e comida a prezos populares. A festa continuará o sábado cun serán ás 21:30 e o domingo cunha ofrenda floral pola mañá. A Asociación Deportiva e Cultural amosa tamén a súa preocupación polas obras de ampliación da autoestrada “que provocará que en vindeiros anos teñamos que cambiar o emprazamento do concerto” e anima aos veciños a informarse do proxecto na Asemblea Xeral que se vai desenvolver o venres ás 20:30 no Multiusos do Piñeiral en Chapela.  

Roberto Cabaleiro Arde Rande
Dende a organización falan dos grupos que estarán no festival
Serán e romaría
Sábado e domingo continúan as actividades
Ampliación da Ponte
Unha obra que pode obrigar a buscar unha nova localización para o festival

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará