Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asemblea en Chapela para informar sobre as expropiacións da ampliación da AP-9

RR_Noticias

A Asociación de afectados, que estes días ven de reunirse coa deputada nacionalista Olaia Fernández, convoca aos veciños a unha asemblea xeral que se celebrará o venres ás 20:30 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego co gallo de informar aos veciños das expropiacións e afeccións que suporá a ampliación da autoestrada.

A asociación de afectados lembra que logo da última información facilitada por Fomento son unhas 60 propiedades as afectadas pola ampliación da autoestrada ao seu paso por Rande e Chapela, unha cifra que supera de longo as 30 parcelas que se contemplaban no proxecto inicial. Por ese motivo entenden que é moi necesario informar aos veciños sobre a situación das súas propiedades e non descartan acordar novas accións de presión en contra da obra.
Por outra banda, membros da Plataforma reuníronse estes días coa deputada do BNG Olaia Fernández Davila a quen lle trasladaron a preocupación existente na parroquia sobre os pasos que está a dar o Ministerio en canto á concreción da obra.
O BNG segue defendendo que “a solución aos problemas de mobilidade da cidade de Vigo non pasan por ampliar infraestruturas senon por fomentar o transporte público e apostar por vías de comunicación que si poidan dar solución a un problema tan grave como o movemento de vehículos, cousa que a Ampliación de Rande non vai favorecer”.
Pola súa banda grupo municipal do BNG xa hai varias semanas que solicitou solicitou os documentos definitivos tanto das expropiacións como do proxecto da ampliación, comprometéndose a entregárllelo aos afectados en canto este documento estea no seu poder, para estudalos con detemento “mais a día de hoxe o concello aínda non dispón desa información”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará