Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Estudan construír un parque comercial de medianas superficies en Canabal-Vilavella

RR_Noticias

Os empresarios abren un proceso de consulta sobre este novo proxecto para Canabal que supón darlle unha volta ao proxecto inicial que contemplaba nesa parcela de 36.320m2  un centro comercial pechado. Con este novo proxecto os promotores, a Unión Comercial de Redondela, quere salvar o seu investimento logo de que seis meses atrás o pleno rexeitara a recalificación dos terreos impedindo así a construcción do centro comercial. A nova proposta pasa agora pola construcción dun parque comercial de medianas con 7 establecementos de maior dimensión.

Logo do revés sufrido polos promotores do proxecto, cando no pasado mes de novembro a corporación rexeitou a modificación puntual das normas subsidiarias que permitiría recalificar esta parcela de Canabal para o seu desenvolvemento urbanístico, a Unión Comercial de Redondela fai agora un novo intento para sacar adiante o seu proxecto. Os cambios pasan por descartar a construcción dun Centro Comercial pechado e construír un parque comercial de medianas superficies, isto é, recalificar a parcela para que se poidan instalar alí empresas medianas ao estilo da opción comercial existente na Avenida de Madrid que aglutina firmas tales como Decatlon ou Mandarina Home entre outras. Segundo explicaba o presidente da Asociación de Empresarios, Fernando Sampil, a nova proposta non supón ningún cambio dende o punto de vista urbanístico, xa que será necesario que o pleno aprobe a recalificación da parcela de 36.320 metros cadrados, pero si hai cambios en canto ao uso que se lle dará ese espazo coa instalación alí dun parque comercial de medianas empresas con sete superficies. Un dos motivos que levou aos grupos políticos a rexeitar o proxecto inicial foi a oposición e a alarme xerada entre os propios comerciantes da vila que entendían que un centro comercial nese lugar suporía a morte do pequeno comercio. Para evitar que se repita esa situación e permitir que todos os asociados dispoñan da información necesaria e teñan a oportunidade de dar a súa opinión, a Asociación decidiu poñer en marcha un proceso de consulta. Os asociados teñen a posibilidade ata o vindeiro 11 de xullo de responder unha pequena enquisa na que se lles consulta directamente sobre este proxecto.  

Fernando Sampil presidente Asociación de Empresarios
Explica en que consisten os cambios no novo proxecto para Canabal
Informar e consultar aos asociados
Teñen de prazo ata o día 11 de xullo para dar a súa opinión a través dunha consulta por escrito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará