Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Meixón Music con nove propostas musicais

RR_Noticias

Unha programación organizada conxuntamente polos locais O Café da Vila e a Tenda de Candelaria que busca animar as noites dos xoves con concerto semanais de balde os xoves ás 21:00horas. Pasarán por este escenario grupos como Tangata, Sheila, Walter Mathaus ou a Rondalla de Redondela. A primeira das propostas este xoves día 3 cun concerto a cargo de Xulio Lorenzo e Xavi Collazo.

As terrazas de Meixón Frío volverán ser este ano un referente musical nas noites dos xoves de xullo e agosto. Café da Vila e a Tenda de Candelaria apostan por traballar conxuntamente por achegar aos seus clientes unha proposta musical semanal. Así, neste mes de xullo os concertos continuarán o día 10 con Tangata, a formación do redondelán Alberto Vilas que leva xa en activo máis de 25 anos cun repertorio centrado basicamente no tango.
Cambiando de estilo o xoves 17 actuará Amurón é o día 24 a proposta chegará da man das corais polifónicas de Santo Estevo e Soutomaior con recitais poéticos de Isaura lago e Carmen Darriba.
A cantautora Sheila será a encargada de pechar o mes o día 31.
En agosto as actuación previstas contará con Rëisk o día 7 e Narci Rodríguez Cuarteto o xoves 14. Na segunda quincena actuarán The Zebulons e os Walter Mathaus e pechará a programación deste ano os temas clásicos da Rondalla de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará