Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo busca colaboradores

RR_Noticias

O colectivo Senghasoil anima aos veciños a participar nunha nova edición do Artelixo. Convocan a todos os interesados a achegarse a unha reunión que terá lugar o próximo xoves ás 21:00 horas na Casa da Cultura ou a poñerse en contacto coa organización a través do Facebook co obxectivo de sumar mans e poder así desenvolver todas as actividades organizadas en anos anteriores.

Crear arte con lixo é un ano máis o obxectivo da convocatoria que parte dende Senghasoil, un colectivo que recuperou o Artelixo hai dous anos engadindo á  programación actividades paralelas tales como o “vídeo lixo”, o “mercalixo” ou o “parnalixo”. No vindeiro mes de setembro queren recuperar estas actividades pero necesitan mans que apoien e colaboren na organización do programa. Por ese motivo fan un chamamento a que todos os interesados se poñan en contacto con eles para traballar conxuntamente e lograr que o casco urbano volva ser unha particular galería de arte ao aire libre nun par de meses.  

Irene Campelos SenGhasoil
Animan aos veciños a colaborar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará