Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Torneo de verán de fútbol sala en Fornelos

RR_Noticias

A comisión de festas organiza un ano máis un torneo deportivo con competición en categoría feminina, masculina e base que se vai celebrar os días 25, 26 e 27 de xullo. Un campionato que non conta con premios en metálico pero que ofrece a posibilidade de acampar de xeito gratuíto con acceso á piscina os tres días do torneo e festa no pavillón.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados así como ao porteiro menos goleado, ao mellor xogador, ao máximo goleador e un trofeo á deportividade. As inscricións están xa abertas e o prezo é de 70 euros para os equipos masculinos e 50 para os femininos. Unha inscrición que é gratuíta para os equipos base. Máis información nos teléfonos 619 709 803 e 636 903 026.  

Tano Tamaño Comisión de festas
Un evento deportivo con actividades paralelas
Equipos de toda a bisbarra
Xa hai varios inscritos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará