Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo de Chapela pecha a clasificación na proba inaugural da LGT-A

RR_Noticias

Samertolameu impúxose na regata disputada en augas de Cangas, por diante de Amegrove e Mugardos, que completaron o podio. Na LGT-B a embarcación de Cesantes fíxose coa sexta praza, nunha regata liderada por Mecos, Bueu e Perillo.

Traiñeiras de Primeira e Segunda División, así como as integrantes da recentemente creada competición feminina, déronse cita o sábado en Cangas para a denominada Regata Presentación da Liga Galega desta modalidade. En total, unha vintena de embarcacións coas que o numeroso público presente puido gozar. Nun formato pouco frecuente, como a contrarreloxio, impúxose Samertolameu, que se amosou intratable cun tempo de 20:17.17. Por detrás Amegrove, a tres segundos de distancia, e en terceira posición rematou Mugardos, 19 segundos máis tarde. Chapela non tivo a súa mellor actuación, e pechou a regata nun tempo superior aos 21 minutos. A próxima fin de semana a terceira edición da competición autonómica que se disputa neste formato de dúas divisións continuará na provincia de Pontevedra, tanto no grupo A Como no B. Así, Sanxenxo, na xornada do sábado, e O Grove, na do domingo, serán as seguintes paradas. En Segunda, a liga contará só cunha xornada, e disputarase en Bueu.
Escola de Verán
O Club de Remo Chapela organiza un ano máis a súa Escola de Verán dirixida a nenos e nenas a partires dos 8 anos. Comeza mañá, 1 de Xullo, e remata o 30 de Agosto. O horario é os luns, mércores e venres de 10:30 a 12:30 horas, para os nenas e nenos de ata 13 anos de idade. Os martes e xoves de 10:30 a 12:30 para os de 14 anos en adiante. O prezo da inscrición é de 50 euros para o público en xeral, e de 30 para os membros do club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará