Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes, unha praia para “xente sen complexos”

RR_Noticias

A bandeira azul ondea xa na praia da Punta en Redondela. Un distintivo de calidade que recoñece a calidade das augas así como os servizos e accesos cos que conta un areal. Un acto que tiña lugar o pasado sábado e que supón “unha data sinalada para os choqueiros xa que é a primeira bandeira azul para o noso concello” segundo dixo o alcalde Javier Bas quen engadiu que este recoñecemento “é un estímulo e un reto para seguir mellorando no futuro e poder acadar máis bandeiras para outros areais do municipio”.

Nesa idea afondou tamén o concelleiro de medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros, quen insistiu en que esta bandeira supón un “aliciente para que sigamos a traballar para que a praia estea máis coidada e máis limpa e para que se melloren os accesos a un areal que conta cunha beleza natural que nada ten que envexar a outras praias con máis sona”. Comparaba o edil a praia da Punta coas “mulleres de Redondela, que para nos son as máis fermosas” e animaba os veciños a gozar dunha praia “para xente sen complexos”. Un acto no que estiveron presentes o goberno ao completo pero tamén representantes dos grupos da oposición e o vicepresidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) José Palacios quen insistiu en que estes distintivos non responden a criterios “políticos nin económicos”. Lembrou que a bandeira azul é a resposta a uns criterios de calidade consensuados con máis de 70 paises “unha bandeira que non se compra senón que se concede en atención a uns criterios obxectivos que valoran a calidade das augas, que neste caso é excelente, a limpeza, os accesos e a atención ás persoas con discapacidade”. Tendo en conta tamén que existan actividades de carácter medioambiental “un mínimo de cinco ao longo do ano que sirvan para concienciar a todos os veciños na necesidade de coidar e respectar o entorno”. Finalmente, o alcalde insistiu en que dende o goberno local “traballaremos con perseverancia para que Redondela poida alcanzar no futuro máis distintivos como este”.  

Javier Bas alcalde
Entende que a oncesión da bandiera axul é un aliciente para seguir traballando na mellora das praias
Orgullo polo noso
Animos aos veciñoso a sentírense orgullosos da nosa vila
Miguel Angel Alvarez edil de Medio Ambiente
Unha praia que nada ten que envexar a outras da comunidade
Unha praia para xente sen complexos
O edil botaba man dun slogan publicitario
José Palacios ADEAC
Insistía no espíritu non político nin económico do galardón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará