Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Álvaro Prieto e Estela Estévez gañan a VII Carreira Popular de Redondela

RR_Noticias

A xornada era perfecta para disputar a proba, cuns 20 graos de temperatura e ceos repartidos entre as nubes e os claros. A carreira contou coa participación de máis de 500 corredores da categoría absoluta que percorreron unha distancia de 6,4 quilómetros e 300 nenos de diferentes idades que fixeron percorridos máis curtos.

O percorrido foi idéntico á edición anterior, cun circuíto moi accesible e sen grandes desniveis. Na proba participaron moitos nomes propios do atletismo galego como Alejandro Gómez, pero a vitoria conquistouna o corredor cangués do Afflelou Narón, Álvaro Prieto, que superou en quince segundos a Daniel Bargiela, que malia partir co dorsal número 1, non foi quen de repetir o primeiro posto da edición de 2013. Na terceira praza colouse Daniel Pérez, mentres que o primeiro corredor local foi Guillermo Pedrero, que asinou a décimo cuarta posición. Na categoría feminina, o Comesaña Sporting Club acaparou as prazas do podio. Estela Estévez cruzou a liña de chegada na primeira praza con máis de medio minuto sobre Sofía Freaza. O terceiro posto foi para Sara Pérez. Freaza quedou co honra de ser a primeira redondelá en cruzar a liña de meta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará