Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Mundialito da Xunqueira coa participación de 24 equipos

RR_Noticias

A pista da Xunqueira acolle dende hoxe unha nova edición dun dos torneos de referencia da comunidade galega coa participación de 24 equipos que competirán nesta corenta edición. Os partidos desenvolveranse de xeito diario a partir das 20:30 horas e ata as once da noite.

Son en total vintecatro equipos, repartidos en catro grupos os que se disputarán este ano a XL edición do Mundialito da Xunqueira. Logo do sorteo está xa confeccionado o calendario desta primeira fase que arranca hoxe luns cos encontros O Chusco Guay-Opel FImauto, Sampaio-Aquelarre, Discoteca Diva-Garina Pedales, Rodavigo-Ethan Xestas e Aquelarre B-Diverchan.
Unha vez rematada esta primeira fase, serán 16 equipos os que volvan a distribuirse en grupos de catro, para a continuación disputar oitavos, cuartos, semifinais e final. Practicamente un mes de fútbol sala, coas características propias da pista caracterizada polo valado que as rodea e que da aos partidos un maior dinamismo e velocidade.
Os diferentes días permitirán ver cinco partidos ao día, dende as 20:30 ata as 11:00 onde rematará o ultimo encontro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará