Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro Recreativo amplía súa oferta cun campamento de verán

RR_Noticias

A empresa de xestión deportiva Koremi será a encargada do campamento que oferta prazas para nenos de 3 a 15 anos. Os prezos son variables dependendo do horario de asistencia dos rapaces que pode ir dende as 7:45 ata as 15:30. O campamento inclúe obradoiros variados, xogos e excursións con traslado incluído. As persoas interesadas poden achegarse en hroario de tarde ás instalacións do Centro Recreativo ou chamar ao teléfono 986 400256.

Como en todos os períodos vacacionais pais e nais teñen que facer verdadeiros milagres para xestionar o tempo libre dos fillos.  No camiño de favorecer esa conciliación da vida laboral e familiar e atendendo ás peticións de varios veciños, o centro recreativo e cultural de Redondela organiza por primeira vez un campamento de verán que funcionará nas vindeiras semanas e que ofrece un amplo horario axustable as necesidades de cada usuario, xa que hai a posibilidade de acceder a unha aula matinal que funcionará dende as 7:45h., as nove arrancará o campamento propiamente dito ata as 14:00 horas. A maiores os pais teñen tamén a posibilidade de deixar aos rapaces ata as 15:30 horas. A presidenta do Centro, Margot Araujo explica que os nenos gozarán de actividades variadas que van dende obradoiros de cociña a ginkanas pasando por visitas culturais ou excursións xa que “o campamento quere ser algo máis que un lugar onde deixar o neno”. Unha actividade aberta a rapaces de 3 a 15 anos tanto socios como non socios do Centro.  

Margot Araujo presidenta do Centro
Unha acividade para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar
Actividades variadas
haberá xogos obradoiros e excursións
Socios e non socios
Un campamento aberto a todos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará