Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadores de Urbaser concéntrase en Redondela en apoio aos compañeiros de Lugo

RR_Noticias

Ao redor de cen persoas concentráronse onte na praza da Farola en solidariedade cos traballadores da empresa Urbaser en Lugo, que levan tres semana en folga. O obxectivo da protestas era amosar o seu apoio principalmente aos doce despedidos e aos 66 traballadores expedientados pola empresa segundo explicou o representante sindical en Redondlea Alberto Covelo.

Entre os concentrados estaban presentes representantes dos traballadores de Redondela, Soutomaior, Vilaboa e Marín así como do sindicato estudiantil ARDE. Unha mobilización na que estivo presente o secretario xeral da CUT, Manolo Camaño, quen salientou que detrás da folga dos operarios de Urbaser en Lugo atópanse motivos de diferente índole enmarcado na negociación do convenio colectivo. Asegura ademais que cos despedimentos e expedientes abertos a traballadores o que busca e empresa é “amedrentar a todas e todos os traballadores do grupo” e que asuman os recortes de dereitos que pretende impor Urbaser. Advirte do risco de que os conflitos se estendan a outras localidade e lembra os problemas que en Redondela se viviron anos atrás tamén no marco da negociación do convenio. O conflicto en Lugo parece que nas últimas horas está a reconducirse logo de que empresa e traballadores se reuniran e convocaran unha nova xuntanza para a mañá de hoxe.  

Alberto Covelo Delegado sindical Redondela
Agradece a asistencia á concentración
Manolo Camaño CUT
Fala dos motivos da folga en Lugo
Estenderse a outras localidades
Critica a actitude da empresa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará