Hoxe é Martes 14 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscanse alumnos para os cursos de formación para desempregados de Soutomaior

RR_Noticias

Os cursos impartiranse dende o mes de xullo a decembro. Na xornada de mañá mércores desenvolveranse as probas de selección para o curso de Actividades administrativas na relación co cliente ás 9:00 horas no Multiusos de Arcade mentres que as persoas interesadas en formarse en Atención sociosanitaria no domicilio deberán achegarse ás 12:00 a escola obradoiro Luís Seoane de Alxán. Unha formación orientada inicialmente a persoas en paro pero á que poderán acceder tamén traballadores que poidan compatibilizar o súa xornada laboral co horario dos cursos.

En total son catro os cursos que arrancarán na primeira quincena do vindeiro mes de xullo en cada un dos cales se formarán 15 alumnos, inicialmente persoas en situación de desemprego. As probas para os dous primeiros ciclos desenvolveranse mañá mércores. Así, os interesados en formarse en actividades administrativas na relación co clientes deberán achegarse ás nove da mañá ao Multiusos de Arcade, mentres que os interesados en acadar o título en Atención sociosanitaria a persoas no domicilio deberán participar na proba de selección que terá lugar ás 12:00h na Escola obradoiro Luís Seoane de Alxán. Dúas formacións que ao entender da Axente de Desenvolvemento Local Cynthia López, facilitarán a inserción laboral dos seus alumnos. Pon como exemplo o feito de que para exercer como auxiliar a domicilio en breve vaise necesitar desta titulación. Por experiencias anteriores os demandantes deste tipo de formación son dende persoas que leva moito tempo en paro e que deciden redirixir a súa vida laboral a, noutros casos, desempregados que queren completar a súa formación nos campos nos que xa están buscando emprego. O alumnado contará con distintos tipos de axudas económicas vencelladas á circunstancias persoal de cada un dos candidatos. Os outros dous cursos aínda pendentes son un de Atención a persoas dependentes en institución Sociais que ocmezará o 16 de xullo e outro de Creación e xestións de microempresas previsto o seu inicio para o día 10 do vinderio mes.  

Cynthia López ADL Soutomaior
Explica osos resultados de cursos anteriores cuxos alumnos atoparon emprego
Non só desempregados
Poderán acceder tamén persoas que estean traballando
Axudas económicas
Hai axudas cuxa contía depende en función da situación persoal do candidatto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará