Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican o asfaltado na base do Cruceiro de A Raiña en Cedeira

RR_Noticias

O BNG considera que o asfaltado realizado no entorno do Centro Cultural de Cedeira, “incidiu negativamente na situación dun dos cruceiros máis emblemáticos da parroquia”. Critican ao goberno local por “perder a oportunidade de poñer en valor esta peza do patrimonio etnográfico e cultural”.

Os nacionalistas critican que no asfaltado realizado logo das obras de renovación do saneamento no entorno do Centro Cultural de Cedeira non se tratase con maior coidado o coñecido como Cruceiro de A Raíña, unha peza de finais do século XIX que, segundo explican, forma parte dun rico patrimonio etnográfico e cultural dun entorno no que se atopan “unha fonte, da que aínda hoxe moitos veciños e veciñas fan uso,  o lavadoiro que deu servizo durante décadas e o propio cruceiro que “conforman un conxunto que debe poñerse en valor”. Por este motivo entenden que “as intervencións que se realicen, por moi pequenas que sexan, deben ser moi coidadosas”.
Destaca o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, que o espazo no que está situado o Cruceiro constitúe un dos centros neurálxicos parroquiais: co Centro Cultural, o Colexio Público e a Igrexa nas inmediacións e que “a rehabilitación do Cruceiro de A Raíña, puido converterse para moitos veciños e veciñas, e especialmente para moitos nenos e nenas, nun exemplo de recuperación do patrimonio cultural”.
Lamentan que neste caso “a intervención realizada polo goberno de Javier Bas sexa exemplo de todo o contrario xa que levar o piche á propia base do cruceiro, non vai máis que a propiciar o seu deterioro”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará