Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello traballa nun convenio a tres bandas para financiar a escolleira de Arealonga

RR_Noticias

Técnicos da Autoridade Portuaria visitaron na xornada de onte a praia de Chapela para coñecer o lugar e valorar unha solución para frear a perda de area. Malia entender que son moitos os motivos que estarían detrás da degradación do areal, a construción da escolleira será a medida máis inmediata para tentar poñerlle freo. Dende o Concello valoran un convenio a tres bandas para financiar unha actuación que ascende a uns 30.000 euros.

Son tres as administracións con competencia na praia de Arealonga: a Autoridade Portuaria, a dirección Xeral de Costas e o propio Concello. Por ese motivo, dende o goberno local traballan nun convenio a tres bandas que posibilite a construción dunha dique na praia como mellor solución para tentar frear a perda de area detectada nos últimos anos. Unha obra que custaría segundo os orzamentos que manexa a Concellería de Medio Ambiente, entre 28.000 e 32.000 euros. O seu responsable, Miguel Angel Alvarez Ballesteros, entende que a obra será unha realidade a curto prazo malia que prefire non aventurarse a dar prazos tendo en conta que son varias as administracións involucradas e que se trata “dunha obra que ten a súa complexidade”.  

Miguel Alvarez Ballesteros edil de Medio Ambiente
Técnicos de Costas e a Auoridade portuaria visitaron Arealonga para valorar o axeitado de construir a escolleira
Orzamentos
Tres empresas orzamentaron a obra entre 28.000 e 32.000 euros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará