Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O colectivo Despiste organiza o ciclo de charlas “O verán é para pensar”

RR_Noticias

Baixo este título propón para este mes de xuño encontros con especialistas en temas de actualidade: a influencia da mudanza climática na nosa vila e unha análise sobre a viabilidade do sistema de pensións. Dúas actividades a cargo de Xavier Pérez Davila e Xoán Ignacio Lueiro os venres 13 e 20 de xuño na Casa da Cultura ás 20:30 horas.

O venres 13 de xuño, o economista e profesor do IES Chapela, Xabier P. Dávila presentará ás 20.30 h na Casa da Cultura de Redondela, o seu libro “A batalla polas pensións” de Asteleiro Editora, onde defende que “os sistemas de protección social son conquistas da civilización humana, irrenunciables, que deben ser estendidas a toda humanidade. A capacidade produtiva das sociedades humanas é incomparablemente superior á de ningunha outra época. Porén, desde os poderes públicos e fácticos queren facernos crer que o sistema de pensións público non é viable”. O autor defende no seu libro que establecer o benestar común e posible, pero que é incompatible co sistema financeiro actual.
Xa no venres 20 de xuño no mesmo lugar e a mesma hora, o encontro terá como protagonista ao biólogo ambiental, Xoán Ignacio Lueiro. Especialista en Medio Mariño centrará a súa reflexión sobre o cambio climático, como pode afectar a lugares tan achegados como a nosa vila e o papel que deben cumprir as políticas públicas municipais para facer fronte a esa mudanza no clima.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará