Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica o precario almacenamento dos cabezudos

RR_Noticias

Estas figuras, segundo explica o concelleiro socialistas Eduardo Reguera, atópanse amoreadas no Multiusos “en condicións claramente prexudiciais para a súa conservación. Están uns enriba de outros e expostos a unha forte luz solar o que provoca o seu deterioro.

O grupo municipal socialista amosou a súa sorpresa tras comprobar que os cabezudos da Festa da Coca, están nunha montaña amoreados no Multiusos. “En lugar de estar gardados nun lugar adecuado para favorecer a súa conservación, atópanse uns por enriba doutros, de lado ou boca baixo nunha sala de exposicións. Ademais, ao estaren situados ó lado dunha cristaleira durante varias horas ó día reciben de forma directa o a luz solar, o que acelera o proceso de deterioro de estes populares elementos” segundio indicou o voceiro socialistas Eduardo Reguera
Entende que “é unha vergonza a situación na que se atopan xa que por tratárense dunhas figuras feitas de materias sensibles precisan estar ben conservadas para evitar o seu deterioro, e non tiradas unhas enriba das outras”. O concelleiro socialista engade que “durante o ano 2009 fíxose un esforzo na recuperación dos elementos tradicionais da Festa da Coca de séculos anteriores como os vestidos históricos ou as figuras antigas. Entre eles, destinouse unha partida de cartos para a restauración dos cabezudos e o goberno de Javier Bas e o seu equipo parecen empeñados en esnaquizar estas figuras. Isto tamén e malgastar o diñeiro dos redondeláns”.
Por outra banda,critican o “uso inadecuado” que durante o festival Internacional de Títeres se fixo da figura da Coca. O dragón estivo exposto na rúa, nuns días que non se corresponde coa súa historia e ademais, non había ninguén para evitar que os nenos se subisen a ela polo que tamén sufriu importantes danos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará