Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Emprázate” no Mercado de Redondela

RR_Noticias

Os usuarios e clientes da praza de abastos poderán mañá achegarse a unha xornada na que se presentará un menú con produtos da praza, se poderá degustar un “pincho praceiro” e haberá obradoiros para os nenos. Unha actividades a partir das 11:30 horas  enmarcadas dentro dunha campaña de promoción dos produtos do mercado.

A praza de abastos acolle este sábado diferentes actividades enmarcadas dentro da Campaña de Dinamización dos Mercados que está a desenvolver o Grupo reacción costeira Ría de Vigo a Guarda. Con esta iniciativa preténdese promocionar os mercados municipais como dinamizadores e promover tamén a excelencia dos produtos do mar incentivando o seu consumo. Guiados por biólogos amosaranse os beneficios e propiedades nutricionais dos produtos do mar mediante unha exposición na que se diferenciarán as distintas especies e se achegará aos visitantes aos distintos postos para que poidan observar como elaborar un sinxelo menú. Os máis pequenos terá o seu “Obradoiro Particular” converténdose en mariñeiros e mariscadores por un día con diferentes talleres. Finalmente os asistentes poderán gozar da degustación dun pincho praceiro.  

Elena Herbello xerente CAG
Fálanos das actividades que se van desenvolver o sábado
Ampliar horarios nas prazas
Sería un xeito de recuperar o público máis novo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará