Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Convocan unha asemblea aberta sobre o dereito a decidir entre monarquía ou república

RR_Noticias

Anova Redondela convoca este mércores 11 de xuño ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira unha asemblea aberta para falar sobre as respostas e propostas que se poden ofrecer desde Redondela “ante a abdicación de Juan Carlos e a eminente imposición de Felipe”. Trátas​e dunha asemblea onde están convidadas organizacións de toda índole, persoas, colectivos, etc. co obxectivo de artellar unha acción conxunta sobre esta situación.

Entenden os convocantes que ante o novo intento de perpetuar un réxime político sen ningún tipo de apoio popular nin lexitimidade democrática, a “monarquía parlamentaria”, no que se pretende deixar sen voz ás nacións e cidadanía do estado español, cómpre artellar unha acción conxunta local das forzas políticas, asociacións e persoas que apostan pola Democracia.
Engaden que o momento histórico que estamos a vivir amosa a oportunidade real de despedir a monarquía e avanzar cara un marco político republicano en todas as ordes. Unha ruptura democrática que permita non so escoller entre democracia ou monarquía, senón iniciar o camiño dos procesos constituíntes das nacións do Estado. Ese proceso democrático terá que ser reflexo da demanda da cidadanía e debe conducirse dende a base da sociedade.
Anova Redondela apunta que malia seren eles os que convocan a asemblea este é simplemente o paso inicial e que o resto será traballo conxunto dos asistentes para “ser quen de responder ante este excepcional e á vez esperanzador escenario socio-político”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará