Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma de Afectados pola AP-9 estuda accións legais e mobilizacións contra a ampliación

RR_Noticias

Falta de información e desinterese por parte parte de Fomento, é o que denuncian os veciños de Chapela afectados pola ampliación da autoestrada, unha obra xa licitada é que suporá expropiar o dobre das parcelas previstas. Unha situación que mantén a moitos veciños “nerviosos e preocupados” por descoñecer aínda os detalles das afeccións.

Unhas 60 propiedades están afectadas pola ampliación da autoestrada ao seu paso por Rande e Chapela, unha cifra que supera de longo as 30 parcelas que se contemplaban no proxecto que se puxo a exposición pública e que aprobou o goberno central en 2010. A pasada semana os representantes da Plataforma mantiveron unha xuntanza co director xeral de infraestruturas e outros responsables do Ministerio de Fomento, na que tamén participou o alcalde de Redondela, Javier Bas, e onde lles facilitaron planos do proxecto. Deste xeito puideron comprobar que resultan afectadas 9 vivendas e, cando menos, 59 parcelas, incluíndo algunhas delas garaxes e anexos de vivendas, ademais dun edificio de varias alturas, e o colexio Igrexa. Rafael Baltasar, presidente do colectivo, explicou que consultarán cos seus asesores técnicos e xurídicos a nova documentación facilitada por Fomento e que adoptarán as medidas oportunas. Non descartan a posibilidade de facer novas alegacións ao proxecto, xa que agora amplía a zona afectada, aínda que recoñecen que será difícil que haxa cambios “cando a obra xa está licitada”. Nunha próxima reunión que celebrarán ao longo deste mes de xuño estudarán outras medidas de presións “como a mobilización na rúa” para facer visible o problema da parroquia de Chapela.  

Rafael Baltasar presidente do colectivo
As propiedades afectadas duplican en número ás inicialmente previstas.
Nova xuntanza
A plataforma estudará as medidas a adoptar a partires de agora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará