Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campamento de verán en Pazos de Borbén

RR_Noticias

A Oficina municipal de información xuvenil de Pazos organiza unha serie de actividades de ocio para o mes de xullo entre as que se inclúe un campamento de verán gratuíto que se vai desenvolver en Nespereira e que está dirixido a nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Os interesados deberán inscribirse amtes do 25 de xuño.

Desenvolverase durante a primeira quincena de xullo na Casa Cultural de Nespereira en horario de 09:30 a 14:00 horas, os nenos gozarán de xogos, obradoiros e experiencias colectivas guiadas pro monitores especializados.
Outra das posibilidades para nenos de máis de tres anos é participar no festival de verán que se desenvolverá no salón de actos do concello os martes e xoves en horario de 11:00 a 13:00 horas, neste caso para participar será necesarios cubrir unha solicitude antes do 1 de xullo.
A maiores convocan actividades puntuais como o obradoiro educativo “Hoxe quero ser panadeiro”, que se desenvolverá na Panadería O Cruceiro de Nespereira, o 25 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Tamén organizan unha excursión ao parque acuático Aquapark o 27 de xullo. A inscrición pecharase dez días antes e malia que o transporte ata o parque estará subvencionada os participante terán que asumir o custe da comida e a entrada ao recinto.
Os interesados en participar nalgunha das actividades poden realizar a súa solicitude ou recibir máis información na OMIX de Pazos ou nos teléfonos 986 498 934 ó 986 497 035.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará