Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia que Fomento non contempla ningunha actuación de mellora na N-555

RR_Noticias

O ministerio de Fomento, en contestación a unha pregunta da senadora socialista Angeles Marra sobre as melloras prometidas na N­555 “confirmou que non existe ningunha actuación prevista”. Así o denuncia o PSOE de Redondela que alerta do precario estado no que se atopa esta estrada.

Lembran os socialistas que o pasado ano presentaron unha moción para a construción de beirarrúas na Nacional 555 entre outras medidas de seguridade viaria e que no pasado mes de xaneiro o edil Arturo González nunha comparecencia solicitada polo grupo socialista “manifestou que Fomento tiña predisposición a actuar nesta estrada”.
Sen embargo, responsables do Ministerio trasladáronlle á senadora Ángeles Marra que non contemplan ningunha actuación na zona  “polo que parece que as palabras de Arturo González volven a estar moi lonxe da realidade”. 
Os socialistas reiteran a necesidade de dotar este vial de beirrarúas “porque se trata dun auténtico perigo para os veciños de Cedeira e Negros que empreñan esta estrada para dirixirse cara o casco urbano o lugar e tamén para os conductores que circulan por esta estrada”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará