Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno rexeita a proposta de AER de suprimir o grao elemental do Conservatorio

RR_Noticias

Os votos en contra de PP, PSOE e BNG impediron aprobar a moción de AER na que solicitaban a eliminación do grao elemental do conservatorio argumentando que suporía un importante aforro para as arcas municipais e que non implicaría un prexuizo para o alumnado, que se podería preparar de igual xeito na escola de música. Sí se aprobou por unanimidade a creación dun grupo de traballo para estudar o futuro das ensinanzas musicais.

A Agrupación de Electores facía esta proposta por entender que eliminar o grao elemental non suporía unha diminución na calidade educativa que recibe o alumnado do centro independentemente de si o seu interese á estudar música a nivel profesional ou afeccionado. Explicaba o edil de AER que os alumnos poderían prepararse igual para o exame de grao medio na escola de música e que este cambio suporía, pola contra, un aforro importante para o centro de estudos musicais. Dende o BNG rexeitaron a moción “por estar fora de tempo cando xa o alumnado se está a matricular para o vindeiro curso” e por entender que o debate debería centrarse na xestión que se está a facer do conservatorio e non na eliminación de ensinanzas. Dende PSOE púxose o acento na necesidade de lograr que o custe do conservatorio sexa asumido a partes iguais por Concello, Xunta e Deputación -un 33% cada institución- e criticaron que se falase de déficit cando se fala de educación No mesmo sentido se manifestaba o concelleiro de cultura e responsable do conservatorio, Julio Alonso quen entende que “non se debe analizar o ensino dende o puntos de vista económico, xa que o seu rendemento é noutro sentido”. Si houbo unanimidade á hora de aprobar outra das propostas de AER: a creación dun grupo de traballo para estudar o futuro das ensinanzas musicais de Redondela.  

Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas entenden que o debate debería centrarse na xestión do ocnservatorio
Eduardo Reguera PSOE
Reclama un financiamento a partes iguais entre Xunta Deputación e Conservatorio
Julio Alonso PP
A educación non debería ao seu entender medirse en termos económicos
Alfonso Blanco AER
Defende que a supresisón do grao elemental non prexudicaría ao alumnado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará