Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Monarquía ou República?

RR_Noticias

A esta pregunta gustaríalles responder a moitos veciños de Redondela nun referendo para que sexa a cidadanía a que decida sobre o modelo de Estado que quere. Outros pola contra, entenden que a actual monarquía parlamentaria constitucional “funciona ben” e que debe manterse como garante de “unidade e estabilidade”. E tamén hai que afirma que é un debate que debe abrirse, pero non agora, porque as prioridades da sociedade son outras, como o problema do paro e a crise económica.

Entre os que defenden a Monarquía e o actual proceso de sucesión está Pepe, que entende que a abdicación do Rei é algo positivo, xa que o príncipe de Asturias, pola súa idade e formación, será un monarca mellor nos tempos que corren. Tamén Roberto se declara monárquico convencido, un sistema que defende por “tradición” e porque funcionou “razoablemente ben”. Outros máis novos, como María, defende o dereito dos cidadáns a decidir nun referendo que modelo de Estado quere. Avoga pola República ao tempo que denuncia os casos de corrupción que salpicaron á Coroa nos últimos tempos. Veciños de máis idade, como Castor, que viviron a época da Transición, explica que foi unha etapa moi complexa na que todas as forzas políticas tiveron que facer concesións. Pero advirte que coa situación actual debería abrirse un proceso para que a sociedade poida decidir nun referendo. Tamén hai quen entende, como Maribel, que ese debate debe abrirse á sociedade, pero que polo de agora “non toca”. Para esta veciña agora a prioridade son os problemas “reais” da xente, e que todos os esforzos deben centrarse en “buscar solucións ao paro e á pobreza”. Mentres todo apunta a que a proclamación do novo Rei Felipe VI terá lugar o próximo 19 de xuño. O Pleno do Senado autorizou onte a tramitación do proxecto de lei orgánica pola que se fai efectiva a abdicación do Rei Juan Carlos I de Borbón.A autorización foi aprobada cos votos a favor do PP, PSOE e CiU, o voto en contra de ICV, EU e ERC e a abstención do PNV. Formacións de esquerda están a promover mobilizacións para forzar un referendo sobre o modelo de Estado.  

Pepe valora o relevo na Coroa
Para este veciño a sucesión na monarquía é boa.
María pide un referendo
Esta moza defende o dereito da sociedade a decidir o modelo de Estado.
Maribel entende que hai outros problemas
Para esta veciña os problemas reais da sociedade son outros como o paro e a crise económica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará