Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas nega ante o pleno calquera trato de favor coa empresa Radio Pérez

RR_Noticias

O alcalde de Redondela, Javier Bas compareceu onte en pleno a petición de PSOE e AER para explicar a chamada do seu homólogo no Porriño, Nelson Santos incluída no sumario da investigación “Operación Multiusos” seguida contra o rexedor porriñés por supostos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e malversación. Bas asegurou que interpretara dita conversa como “unha chamada de cortesía” e engadiu que a posterior contratación de Radio Pérez respondeu a que foi a empresa que presentou o orzamento máis económico.

“Eu interpretei a chamada de Nelson Santos como unha chamada de cortesía para informarme de que a empresa Radio Pérez tiña resolto os problemas de persoal que levaron ao concello de Redondela a deixar de contratalos e non como medida de presión para favorecer a ninguén, porque eu non admito presións de ninguén e de ningún tipo”. Así arrancaba a comparecencia do alcalde Javier Bas para explicar a súa conversa con Nelson Santos para engadir que “son totalmente falsas as insinuacións da oposición sobre un posible trato de favor con Radio Pérez”. Sí admitiu a contratación da empresa de electricidade dous meses despois de dita conversa para a colocación do alumeado de Nadal pero engadiu que “esa contratación abriuse a varias empresas e foi Radio Pérez a que presentou a oferta máis económica”. Nese sentido asegurou que nos tres anos de mandato do PP só en alumeado de Nadal se produciu un aforro de máis de 54.000 euros” respecto do investido polo mesmo concepto durante os anos do bipartito. Unhas explicacións que os grupos da oposición poñían en dúbida. Dende o PSOE Eduardo Reguera criticaba que o alcalde de Redondela non lle tivera colgado o teléfono a Nelson Santos nada máis iniciarse a conversa tendo en conta que as primeiras palabras do porriñés foron  “Mira, quería pedirche un favor. Hai un amigo meu do Porriño que traballa bastante aí, o de electricidade Radio Pérez”. Dende AER, Alfonso Blanco Pochi tamén se preguntaban cantas chamadas semellantes recibe o goberno local doutros alcaldes e malia aplaudir o aforro logrado na contratación do alumeado, lembraba Blanco que esta empresa cometeu irregularidades graves cos seus traballadores e que “igual podían ser tan baratos porque non tiñan aos traballadores contratados”.   O momento máis tenso do debate produciuse cando Javier Bas insinuou que ten mantido con concelleiros da oposición conversas semellantes ás mantidas con Nelson Santos. Nomeadamente facía referencia ao socialista Luís Orge quen amosaba a súa indignación polas insinuacións e reclamaba aos alcalde que o aclarase.  

Javier Bas alcalde
Iniciou a súa comparecencia asegurando que entendeu a chamada de nelson Santos como unha chamada de cortesía
Contratación de Radio Pérez
Explicou que foi a que presentou o orzamento máis económico
Eduardo Reguera PSOE
O socialistas criticoulle que non tivera colgado o teléfono
Alfonso Blanco AER
Esixir toda a documentación ás empresas contratadas
Tenso debate
Bas e Orge escenificaron o momento máis tenso do debate

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará