Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda celebra os 15 anos da súa revista

RR_Noticias

O número 28 da revista A Voz de Lenda será presentada o venres na Multiusos da Xunqueira nun acto que terá lugar ás 20:30 horas e no que participará a que fora a promotora da publicación Esperanza Conde. A parte musical correrá a cargo do coro de Lenda. O sábado participarán na Feira Verde que se desenvolverá na Alameda dentro das actividades paralelas ao Festival Millo Verde.

Con moito contido reivindicativo “agora máis ca nunca cando se están a producir continuos recortes na atención sanitaria e social” a Asociación de Atención ao enfermo mental celebra este venres os 15 anos de historia da súa revista “A voz de lenda”. Unha publicación periódica na que teñen abordado durante estes anos temas diversos: a xustiza, a atención socio-sanitaria, a muller, os sentimentos… son tan só algúns dos temas aos que se lle ten dedicado un número nestes anos.  

Jaime Figueroa Lenda
Fálanos dos obxectivos da revista
José Luis Ezama usuario
!5 anos con moita historia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará