Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xosé Tomás impartirá un obradoiro de ilustración na Biblioteca

RR_Noticias

“Ilustrando a Natureza” está orientado a rapaces de idades entre 9 e 12 anos que queiran aprender a deseñar e debuxar personaxes de cómic. Unha actividade organizada pola biblioteca municipal de Redondela e a Fundación Filomena Rivero Alonso que se impartirá os días 10 e 11 de xuño.

O ilustrador e humorista gráfico, Xosé Tomás será o encargado de impartir o obradoiro “Ilustrando a natureza” no que os participantes aprenderán a deseñar personaxes, personificar animais, ilustrar poesías sobre plantas, deseñar fauna extincta e crear todo tipo de fauna. Esta actividade componse de dúas sesións que se realizarán o 10 e 11 de xuño, de 17:30 a 19: 30 h. na sala infantil da biblioteca municipal e está destinada a nenos de 9 a 12 anos. A actividade é gratuíta e o número de prazas está limitado, polo que é necesaria a inscrición previa que se realizará nas dependencias da biblioteca ou no teléfono 986 40 15 61.  

Mª Elena Becerra biblioteca
Fálanos do obradoiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará