Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa de conciliación Verán con Simona chega en xullo a sete parroquias

RR_Noticias

As actividades que organiza a Concellería de Servizos Sociais e igualdade desenvolveranse en Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Redondela, Saxamonde e Ventosela. En total ofértanse 225 prazas en horario de mañá de 09.30 a 13.30 horas. O prazo de inscrición arranca o xoves 5 de xuño e remata o mércores 18.

O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de Verán, ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións. Ademais das actividades lúdicas e de ocio, os rapaces e rapazas poderán gozar tamén con actividade física lixeira, adaptada aos seus gustos e dedicar unha hora a repaso escolar, con material que acheguen ou que proporcione o Programa. Esta opción será optativa e haberá que marcala na Ficha de inscrición.
Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para nenas e nenos de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano.
O Programa desenvolverase durante todo o mes de xullo nos centros culturais de Cedeira e Cesantes e na asociación de veciños de Santo Estevo de Negros. En Saxamonde as actividades serán no Centro cultural chan das Pipas mentres que en Chapela os rapaces poderán achegarse á asociación cultural de Cidadelle e no Multiuoss da Parroquia. No centro de Redondela o programa terá lugar no Pazo Pousadouro e no Multiusos.
Esta convocatoria conta cun total de 225 prazas, que serán adxudicadas por rigoroso orde de entrada da Ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello, reservando 10 prazas para menores con necesidades educativas especiais, que contarán con persoal profesional especializado.
A ficha de inscrición pode descargarse da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM) en Redondela e Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará