Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nove grupos no escenario do Millo Verde

RR_Noticias

A organización ofrece un longo programa de actividades paralelas para todas as idades e públicos que se van desenvolver durante o venres e sábado: unha jam graffiti, obradoiros para os máis pequenos con Xoeira, o xogo do Eskalabirras e exhibicións de danza africana e breakdance así como unha feira verde na Alameda. Xa pola noite a partir das 22:30 horas os concertos terán lugar na Explanada da Avenida Mendiño xunto ao río Pexegueiro.

Música variada que vai dende o rockabilly, ao jazz pasando polo Folk Balcánico ou o beatbox. Ritmos procedentes de puntos tan diversos como Francia, Holanda, Portugal e como non España e Galicia que se poderán escoitar de balde nos concertos que venres e sábado arrancarán ás 22:30 horas dentro do programa da VIII edición do Millo Verde. Dende a organización salientan a presenza de grupos como Blasted Mechanism, unha formación lisboeta que mestura “os sons ancestrais coa nova tecnoloxía” ou os holandeses “The bucked boyz” que ofrece un repertorio blue grass. A presenza redondelá está tamén garantida con Caramuxo Vermello, quen ofrece ritmos arriscados, melodías evocadoras e letras poéticas con pinceladas de humor. E para ir abrindo boca o xoves será outra formación local Chaleco Reflectante, os que ofrezan o primeiro dos concertos na Alameda ás 20:00 horas. Entre as actividades paralelas repítese o tradicional jam graffiti, coa realización e exposición de graffitis nos palco de Alameda, obradoiros para os máis pequenos con Xoeira, o xogo do Eskalabirras no que se intentará bater os récords de escaldada de caixas de cervexa na Alameda e exhibicións de danza africana e breakdance. Tamén unah feira verde durante toda a xornada do sábado. Unha programación que conta coa colaboración da concellería de Cultura para o seu financiamento do mesmo xeito que dalgúns locais comerciais. Toda a programación e información dos grupos pódese consultar na páxina www.milloverde.org  

Manu Pérez Millo Verde
Fálanos do programa do festival
Grupos destacados
Blasted Mechanism ou The bucked boyz son algunhas das formacións que pasarán polo festival
Julio Alonso edil de cultura
O Concelleiro aposta pro un programa no que ademais de música hai moitas actividades paralelas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará