Hoxe é Xoves 6 de Outubro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paro experimenta un retroceso no mes de maio

RR_Noticias

Maio foi un bo mes para o emprego, ou aló menos iso parece se temos en conta os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Traballo e que constatan que en Redondela o número de desempregado baixou no último mes en 75 persoas, sendo actualmente 2.855 as que se atopan en situación de busca de emprego. En toda a comarca son 4340 o número de parados, 107 menos que hai un mes.

Redondela recupera a cifra de paro de hai seis meses. Dende novembro do pasado 2013 non producían datos semellantes con 2855 persoas nas listas do paro no noso concello, 75 menos con respecto ao mes anterior. En toda a bisbarra o comportamento foi positivo experimentando tamén os concellos de Soutomaior, Pazos e Fornelos lixeiros descensos en canto aos datos do desemprego.
No caso de Soutomaior foron 22 as persoas que se borraron do servizo público de emprego sendo agora 842 as que se atopan anotadas. No caso de Fornelos o descenso foi de 9 persoas e menor é a variación experimentada en pazos, con tan só unha baixa. Actualmente son 439 os parados neste último concello e 204 en fornelos.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará