Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro interpretativo sobre a duna de Cesantes

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente organiza este sábado día 7 en horario de mañá de 11:00 a 13:00 horas unha actividade orientada a dar a coñecer entre os participantes a fauna e flora do lugar. Os asistentes, que deberán inscribirse previamente no teléfono 986400300 ou no enderezo medioambiente@redondela.es serán obsequiados cunha pequena guía de campo.

O obradoiro desenvolverase na praia de Cesantes e estará conducida por un guía encargado de dar a coñecer a vexetación dunar recuperada logo do peche perimetral que impide o paso das persoas. Falarase tamén da chaira intermareal cuberta en parte pola ceba e asociada a unha alta produtividade e a un gran número de aves.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará