Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide o traspaso da Casa do Mar para darlle contido social e educativo

RR_Noticias

O grupo nacionalista solicita ao alcalde que realice as xestións pertinentes para a cesión dos locais da Casa do Mar, edificio propiedade do Instituto Social da Mariña situado na Marisma. O obxectivo sería destinar eses espazos para desenvolver actividades de carácter educativo ou de interese social. A petición será debatida no vindeiro pleno municipal.

Argumenta o BNG que ante a demanda crecente por parte de colectivos e asociacións de espazos nos que desenvolver as súas actividades e ante a carencia de locais públicos, propiedade ou xestionados polo propio concello, sería moi positivo reclamar o traspaso da Casa do Mar, propiedade do Instituto Social da Mariña.
Un edificio que ao entender do Bloque está infrautilizado logo de que a Confraría de Mariñeiros e Pescadores de Cesantes desaloxaras esas dependencias. Lembran que dende hai varios anos unha parte deste edificio está sendo utilizado pola policía local, a policía nacional, unha cafetaría, e as oficinas do propio Instituto Social da Mariña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará